7/3/16

Ruta polo Río Barxa e cursos


Cursos de formación

Nesta semana a oferta de formación combina dous "Cursos básicos de hortas urbanas" (xoves 10 e sábado 12) e un "Curso de viticultura: aprender a diferenciar os nosos viños" (sábado 12). Pódese ver máis información no apartado Cursos (premer eiqui). 




Percorrido medioambiental
No tocante ao percorrido do domingo 13, nesta ocasión circularase pola beira do río Barxa. Terase ocasión de comprobar como este río conformase coa confluencia do rego Lavadouros e o rego Quintián, xuntándoselle posteriormente o rego Senra. O percorrido combina espazos de moito interese medioambiental con trazados altamente urbanizados, como o Polígono de Valadares, o hospital Álvaro Cunqueiro e diversos tramos da parroquia de Castrelos e de Sárdoma.