20/3/16

Finalizan as rutas polas concas fluviais de Vigo

Co percorrido polo Rego do Bao pechouse o ciclo de rutas ao arredor das distintas concas fluviais do concello. Nesta ocasión iniciouse o percorrido polos montes de Coruxo baixo a choiva e experimentando como a auga invadía todo o contorno. A medida que nos achegamos a Fragoselo o tempo tornouse favorable e permitiu que ao achegarse ao Rego do Bao fose moi agradable, chegando a súa desembocadura en Canido mesmo con sol.
Algunhas instantáneas do día atópanse na solapa Fotos 2016, sendo unha mostra as seguintes.