Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

6/3/16

Bonito paseo polo Lagares

Tal como indica o novo panel, hoxe tivo lugar un bonito "Paseo polo Lagares". Combináronse os momentos de sol cos de choiva, pero en xeral resultou moi agradable (ver fotos e fotos compartidas polo camiñante Jose Luis). 
Iso sí, poidose comprobar en directo como o río busca o seu espazo e como se converte nun sumideiro de residuos da súa contorna. Tamén se comproba como as obras da nova depuradora están a pleno pulmón.