Programación Camiño a Camiño Febreiro-Xuño 2016

A Concello de Vigo presenta o Programa municipal de educación medioambiental para o período febreiro-xuño 2016. Celébrase a 10ª edición e, por tal motivo, preparouse unha programación ampliada e con interesantes novidades tanto no tocante a percorridos medioambientais como en hortas urbanas e cursos de formación (ver apartado Programa).

Inicio da tempada 2016 no Humidal da Bouza con centros escolares
Percorridos medioambientais
No tocante aos percorridos medioambientais están previstas 20 actividades centradas tanto en Vigo e bisbarra como en Galicia.
Poderanse coñecer de preto as concas fluviais de Vigo, co río Lagares como columna vertebral.
Tamén se farán percorridos polos sendeiros locais de Vigo (Matamá-Comesaña, Cabral –en proceso de elaboración- e Coruxo –será de noite-) e polas serras próximas (Faro Budiño, Serra do Suído, Serra do Galiñeiro –neste caso con actividade de escalada incluída- e Serra do Morrazo).
En maio terá lugar a IIIª Andaina polos montes de Vigo, que permitirá concentrar a 1.500 persoas arredor dun dos patrimonios naturais máis destacados do concello.
En xuño a actividade centrarase nas Illas Cíes, tanto coa visita de domingo clásica para dous grupos de 400 persoas como cunha novidade para este ano: acampada de fin de semana para 100 persoas en dous grupos (un de familias con nenos e outro de adultos). Entre outras actividades previstas na acampada está a contemplación do ceo, que acaba de acadar a catalogación “starlight”.
Na programación prevista en Rutas por Galicia, nesta edición están previstos dous destinos: un novidoso e outro que se repite diante da demanda dos participantes. O nividoso é a Ribeira Sacra as fins de semana do 21-22 de maio e 28-29 de maio, incluído na sesión do domingo un percorrido polas zonas de viñedo e visita a unha adega.
O que se repite é o de Ancares. Será na fin de semana do 17 ao 19 de xuño para os participantes en mellor forma, cunha travesía de montaña entre Burbia e Piornedo. Tamén haberá un grupo máis suave só o sábado e o domingo que percorrera Campa da Braña e Piornedo.
O vindeiro luns 22 de febreiro, comeza a inscrición no 010 (986.810.260 para móbiles) para o primeiro percorrido da tempada. A partir de aí haberá actividades semanalmente a mediados de xuño.

Hortas urbanas
Durante este mes de febreiro o voluntariado de hortas estivo traballando nos semilleiros habilitados en Vigozoo e nas distintas hortas para que así se poida levar a cabo o traballo de primavera.
A partir do martes 23 de febreiro retómase o traballo nas hortas escola e a partir do 5 de marzo principian tres quendas de Curso básico de hortas urbanas, que son os que habilitan para solicitar un espazo nas hortas-escola dispoñibles en Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Sardomela e Camelias. En total están dispoñibles 13.000 m2 de superficie para esta actividade.
Nesta edición, como novidade, vaise habilitar a horta-escola de Ramón Nieto para a incorporación de novos usuarios/as. Unha parte estará dispoñible para os que realicen o curso básico e, outra parte, para alumnado de 2º nivel. Trátase de alumnado que leva máis dun ano nunha horta-escola e que sexa autónomo para xestionar unha parcela de maior tamaño que o bancal de 6m2 que hai nas hortas actuais. En función da demanda existente, tamén hai posibilidade de adicar unha parte da horta-escola de Sardomela a este fin.
Precisamente na horta-escola de Sardomela está previsto que nesta edición se incorpore un grupo de alumnos e alumnas dos obradoiros de xardinería da Asociación Down-Vigo, realizando así unha dobre función de formación e integración social.

Voluntariado medioambiental
Aparte da laboura de voluntariado nas hortas urbanas xa citado, dende o 23 de febreiro tamén se inician as actividades de voluntariado nos espazos de interese medioambiental do Concello (Lagares, A Bouza, Areais, Monte da Guía, Illas Cíes) e as actividades de voluntariado nos sendeiros locais de Vigo.
No primeiro caso fanse labouras de erradicación de plantas invasoras, repoboación de plantas autóctonas, limpeza de espazos protexidos e sensibilización na cidadanía. Nestes momentos estase facendo un traballo intensivo no Monte da Guía, que está permitindo recuperar un espazo invadido por acacia negra, así como habilitando o sendeiro que antes percorría a ladeira do monte ata Punta Lagoa.
En semana santa irán grupos de voluntariado as Illas Cíes a realizar as habituais labouras de erradicación e de conservación, así como de limpeza. Estes grupos continuarán posteriormente no verán. Esta laboura realizase en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas.
No voluntariado de sendeiros abordarase ao principio o acondicionamento dos sendeiros xa trazados (nos dous últimos anos levanse preparado 6 sendeiros, aparte do GR-53) e posteriormente iniciaranse os tres previstos para este ano: sendeiro local do Monte da Guía, sendeiro local de Cabral e sendeiro local de Valadares. Esta laboura realizase en colaboración con Montes de Vigo e as respectivas comunidades de montes. No caso do Monte da Guía estase realizando en colaboración coa Asociación Voces polo Litoral de Teis.

Cursos de formación

Aos habituais cursos de hortas e de voluntariado medioambiental previstos para o mes de marzo, nesta edición incorpóranse dous cursos novos relativos a temas de vida saudable: “alimentación saudable no almorzo, xantar e cea” e “viticultura en Galicia: aprender a diferenciar os nosos viños”. 
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Programación Camiño a Camiño Febreiro-Xuño 2016
Programación Camiño a Camiño Febreiro-Xuño 2016
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjsqRxPpMYyAHXunPnec8aLXIZvKoUVvWLCbNyrZJTeIrPACQ-BXXH5b7Xzrw6mDmK2atBuFSmqwe22L-q6kbf4uHe3Q1djLcB-7ZYmwrF3_Lxc8S_rrnt_AOnaJTJx4V5aOohhS48lIxTj/s400/Dia+Humedais-121.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjsqRxPpMYyAHXunPnec8aLXIZvKoUVvWLCbNyrZJTeIrPACQ-BXXH5b7Xzrw6mDmK2atBuFSmqwe22L-q6kbf4uHe3Q1djLcB-7ZYmwrF3_Lxc8S_rrnt_AOnaJTJx4V5aOohhS48lIxTj/s72-c/Dia+Humedais-121.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/02/programacion-camino-camino-febreiro.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/02/programacion-camino-camino-febreiro.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar