1/11/15

Prosigue Camiño a Camiño co sendeiro local de Coruxo

Despois do descanso tradicional de primeiros de novembro, proseguimos con un dos novos sendeiros trazados pola Concellería de Medio Ambiente, nesta ocasión en colaboración coa Comunidade de Montes de Coruxo. 
Trátase dun percorrido moi completo e con diversidade de contidos medioambientais, paisaxísticos e etnográficos. Vaise poder comprobar como o traballo da Comunidade de Montes permite recuperar un espazo que no seu día o Icona convertira en terra de monocultivos e como a biodiversidade logra paseniñamente recobrar a súa harmonía, Tamén vaise ver como isto é compatible con usos recreativos.
Dado que o percorrido nalgúns momentos é esixente, establécense dous trazados con dous niveis de dificultade: a ruta curta (azul) e a ruta longa (vermello).
Atención, dados os festivos, a inscrición escomeza o martes 3 de novembro e exténdese ata o xoves 5 a mediodía.