16/10/15

Fin de semana con A Guía como protagonista

O Monte de A Guía vai ser o protagonista do voluntariado medioambiental e do percorrido do domingo. 
A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Asociación Voces polo Litoral de Teis, vai proseguir cos traballos de acondicionamento dos sendeiros tradicionais no monte así como da erradicación de especies invasoras na ladeira que mira cara os areais de Teis. Este sábado, ademáis, vanse incorporar un bo número de voluntarios e voluntarias que participaron na formación do pasado sábado 10 de outubro, conformando un grupo de entre 30 e 40 persoas.


O percorrido do domingo principiará precisamente no Monte da Guía e permitirá realizar o trazado que se está preparando para que circule o previsto sendeiro local de A Guía. Entre outros aspectos abordaranse particularidades da Carballeira de A Guía, das características particulares do litoral, curiosidades históricas e patrimoniais, etc.