18/9/15

Programación Camiño a Camiño 4º trimestre 2015

Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago ven de presentar a programación de Camiño a Camiño para o período setembro-decembro 2015, na que se inclúen os percorridos medioambientais e as habituais actividades de hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación.



Aparte do clásico Monte Galiñeiro - Monte Aloia co que se vai comezar a tempada, resaltar como novidade os percorridos polos distintos hábitats da ría e Vigo a realizar en 3 fins de semana, así como a andaina polos tres novos sendeiros (Zamáns, Coruxo e Bembrive-Beade) habilitados pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coas respectivas Comunidades de Montes. 




O vindeiro luns 21 de setembro, comeza a inscrición no 010 (986.810.260 para móbiles) para o primeiro percorrido da tempada.

A partir do martes 22 de setembo principian as labores de voluntariado no río Lagares e demais espazos de interese medioambiental, así como nos sendeiros locais.

Os cursos de hortas urbanas e de voluntariado medioambiental principian en outubro (premer eiqui).