31/8/15

Primeira fin de semana de voluntariado nas Cíes

Esta última fin de semana de agosto escomezaron a ir os grupos grandes de voluntariado as Illas Cíes. Nesta ocasión 26 voluntarios/as con 6 acompañantes e unha importante laboura de limpeza en entornos públicos, conservación de areais e de erradicación de acacia. Tamén seguiuse coa información aos visitantes sobre a campaña "As illas das gaivotas".
Os máis cativos tiveron ocasión de observar a illa a través de cámaras fotográficas.
Algúns momentos interesantes recóllense nas seguintes instantáneas: