23/6/15

Voluntariado en Cíes no Verán

Ao longo desta semana terá lugar o proceso de inscrición definitiva para o Voluntariado en Cies promovido pola Concellería de Medio Ambiente. Lembrar levar a ficha de inscrición cuberta (premer eiqui), así como a fianza correspondente para aboar en Casa da Xuventude en horario de 9:00-14:00 e 16:30-20:00
Como todos os anos, o embarque de cada quenda de xullo e agosto terá lugar na Estación marítima, xunto ao nadador, ás 9:30 para sair as 10:15. Calquera incidencia en relación coa asistencia á quenda asignada deberá ser comunicada a través do info@caminoacaminovigo.org ou ao teléfono 608046047.

Nesta edición participarase na campaña promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas denominada "Cies, as illas das gaivotas". Para tal fin terá lugar unha acción formativa o vindeiro martes 30 de xuño, as 19:30 no edificio Cambón (Rúa Palma 4 - Casco Vello)