Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

13/5/15

II Andaina polos montes de Vigo - Remata prazo de inscrición

A II Andaina polos montes de Vigo terá lugar o vindeiro domingo 17 de maio e o prazo de inscrición remata este xoves 14 de maio. Conta co patrocinio de Eroski Center e El Corte Inglés.

Aínda estades a tempo para facer a inscrición tanto na planta de deportes de El Corte Inglés (6º andar) como na Casa da Xuventude (López Mora 31). Para máis información acceder ao Blog Andaina

Coa participación na Andaina proporcionase unha camiseta como a que vedes na foto, así como un kit de avituallamento.