22/5/15

Hortas urbanas: novo horario a partir do 25 de maio

Coa chegada dos días calurosos e máis longos, a partir do 25 de maio cámbiase o horario das hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente:
- Polas mañás: de 9 a 12 horas
- Polas tardes: de 18 a 21 horas.
Ao mesmo tempo, tamén se activa o reforzo de rego que haberá que implantar nos períodos de moito calor.