12/5/15

Fermosa fin de semana nas Illas Atlánticas

A visita ás Illas Atlánticas desta fin de semana cumpriu as espectativas de centos de cidadáns e cidadás que se achegaron a coñecer máis de preto tanto os espazos terrestres como os mariños. Houbo ocasión para coñecer o que significa un Parque Nacional e porqué se crea, así como moitas historias tanto da vida nestas illas, como do recente proceso de recuperación como reserva natural.
O sábado poideronse visitar as Illas de Sálvora e Ons. Unha mágoa porque o acceso tivo que realizarse por terra aos respectivos portos de Cambados e Bueu. O domingo visitáronse as illas de Cíes e Ons, sendo esta vez todo o traxecto en barco.
Na solapa "Fotos 2015" e en "Safari" (espazo das fotos que nos envían os participantes), pódese acceder aos distintos reportaxes fotográficos. Tamén na solapa "Illas Atlánticas 2015" hai un resumo dos contidos entregados, así como enlaces a documentos e a web do Parque das Illas Atlánticas.
A modo de mostra, algunhas instantáneas destacadas: