Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

3/5/15

Visita ás Illas Atlánticas: actualización programa

Na solapa Illas Atlánticas pódese consultar a previsión de actividades nas visitas a Illas Cíes, Illa de Ons e Illa de Sálvora (premer eiqui). Tamén se establece un enlace á web do Parque das Illas Atlánticas (premer eiqui) por se se quere acceder a documentación complementaria.



NOTA INFORMATIVA PUBLICADA O 29 DE ABRIL
A Concellería de Medio Ambiente, despois de ter que modificar a programación para as visitas ás Illas Atlánticas por motivos climatolóxicos, informa que queda como segue:

Sábado 9 maio. Hora de reconto de participantes: 8:30 (adiantase 30 minutos), para embarcar as 9:15
- Visita a Sálvora (200 prazas). Atendería a inscritos e pagados ata xoves 30 de abril, así como, no caso de haber prazas vacantes, a novos inscritos en 010 a partir do luns 4 de maio.
- Visita a Ons (250 prazas). Atendería a novos inscritos en 010 a partir do luns 4 de maio.

Domingo 10 maio. Hora de reconto de participantes: 8:30 (adiantase 30 minutos), para embarcar as 9:15
- Visita a Ons (250 prazas). Atendería a inscritos e pagados ata xoves 30 de abril, así como, no caso de haber prazas vacantes, a novos inscritos en 010 a partir do luns 4 de maio.
Visita a Cíes (700 prazas). Atendería a inscritos e pagados ata xoves 30 de abril, así como, no caso de haber prazas vacantes, a novos inscritos en 010 a partir do luns 4 de maio.

Todas as novas inscricións realizadas a partir do 4 de maio no 010 terán que facer a achega para o viaxe na Casa da Xuventude ata o xoves 7 de maio. 

Aviso para persoas inscritas nas visitas do 2 e 3 de maio:
Aquelas persoas inscritas nestas visitas e que teñan feito o pago ata o xoves 30 de abril, conservarán a súa praza para a seguinte semana no mesmo turno, ou sexa: 
- as inscritas para Sálvora o sábado 2 poderían facelo o sábado 9
- as inscritas para Ons o domingo 3 poderían facelo o domingo 10
- as inscristas para Cíes o domingo 3 poderían facelo o domingo 10.

Aquelas persoas inscritas nestas visistas pero que non teñan feito o pago ata o xoves 30 de abril, perderán a praza e se engadirán á oferta que se realice a partir do 4 de maio.

En todo caso, aquelas persoas que soliciten a devolución da achega para a viaxe, poderánna tramitar na Casa da Xuventude presentando o correspondente xustificante.

Calquera aclaración adicional, no 010 (986810260 para chamadas de móbil)