30/3/15

Voluntariado en Cíes: 1ª quenda de Semana Santa

O Voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño principiou a súa campaña nas Illas Cíes este sábado 28 de marzo, extendéndose durante toda a semana santa.
Cun ánimo excelente, os participantes na primeira quenda abordaron o primeiro día pola mañá o acondicionamento do espazo de aloxamento no camping e pola tarde xa se puxeron mans á obra. As principais tarefas previstas son a erradicación de invasoras (en particular Arcthoteca calendula), a limpeza de areais e o mantemento de plantacións autóctonas.