11/3/15

Voluntariado de Sendeiros en Saiáns este sábado 14

Ao igual que o sábado pasado en Matamá-Comesaña, este vindeiro sábado vai haber unha acción de limpeza do trazado do sendeiro local de Saiáns. A hora de convocatoria é as 9:30 no parque forestal de Saiáns, ou quen non teña coche, pode aparecer as 9:00 na esplanada habitual do Lagares (diante do CEIP de Balaidos) para ir todos xuntos.