22/2/15

Segunda etapa da Ruta da Auga moi tranquila

A segunda etapa da Ruta da Auga entre os Valos e Pazos de Borbén discorreu con tranquilidade e cunha climatoloxía bastante agradable, ata que ao final se puxo a chover.
No album de fotos colgado (premer eiqui) pódense ver algúns momentos do percorrido, así como algunhas curiosidades sobre árbores de crecemento rápido que se poideron contemplar polo camiño (paulownia, eucalipto, acacia, etc).
A continuación algunhas das imaxes do percorrido: