2/12/14

Conferencia sobre o Clima de Vigo o xoves 4 de decembro

Co título "O clima de Vigo: pasado, presente e futuro" terá lugar a Conferencia no Auditorio do Concello o vindeiro xoves 4 de decembro, as 19:00. Correrá a cargo de Carlos F. Balseiro, experto meteorólogo e promotor da web galega "4gotas.com".
Na conferencia farase un repaso polo clima que afectou a cidade e desgranaranse as probabilidades que se plantexan para o clima futuro en Vigo. Farase especial fincapé nas particulares características que ten Vigo, as diferenzas coa sua contorna, os microclimas dentro do propio concello (comparativa entre o clima da cidade, de Peinador e das Illas Cíes) e das dificultades a hora de predicir o tempo na cidade.