18/11/14

Peche de tempada de percorridos co Sendeiro Local de Candeán

O vindeiro domingo 23 de novembro está previsto a realización do Sendeiro Local de Candeán, de fermoso trazado e variados contidos (as mámoas, espazos medioambientais singulares, vistas panorámicas, etc). 
Será o derradeiro desta tempada e, por tal motivo, se o tempo acompaña, servirá tamén para facer un breve acto de despedida.