Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/10/14

Peche dos percorridos xeolóxicos

Rematamos os percorridos xeolóxicos por Vigo e bisbarra visitando un dos montes emblemáticos da nosa cidade, O Monte Cepudo, que xunto co Alba é un dos montes mais visitados de Vigo.  
A ubicación destes montes fan deles un dos mellores miradoiros da cidade.  Mais non todos os montes que os rodean son tan coñecidos: na ruta percorreremos o monte do Canaval e Fonte raxada, ata o Monte das Cruces ou do Castro, onde visitaremos un dos asentamentos castrexos mais impresionantes da contorna, o castro de Chandebrito.  Tamén subiremos o cumio do Monte Calvo, dende onde temos unha panorámica excepcional de Vincios e o Galiñeiro, e poderemos contemplar algunha formación xeolóxica moi relevante.