Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

26/10/14

Os percorridos xeolóxicos de outubro pechan por todo o alto

Cun día excepcional de climatoloxía pechan os percorridos realizados no arredor da Serra do Galiñeiro e que neste domingo tiveron como protagonistas os Montes Cepudo e Calvo. As fotografías do album poñen de manifesto as prezosas panorámicas e os escarpados de sendos montes, con conformacións moi curiosas.




Como todos sabedes, a vindeira semana haberá descanso por mor dos festivos, retomamos o 9 de novembro co percorrido dos sendeiros locais de Vigo. A aqueles que lles interese, o 4 de novembro terá lugar unha charla no Auditorio do Concello (as 19:00) presentando todos os sendeiros locais que están a preparar os voluntarios de camiño a camiño e que discorren por Saiáns, por Matamá-Comesaña e por Candeán.