6/10/14

Esta semana principian as rutas polo entorno da Serra do Galiñeiro

Despois de que nas tres semanas pasadas se fixera o descenso do río Miño dende A Cañiza ata a desembocadura en A Guarda, agora tocan tres semanas para coñecer de preto a Serra do Galiñeiro e arredores.
Nesta primeira etapa faremos o habitual percorrido de Zamáns-Galiñeiro, metendonos así na única parroquia rural do Concello de Vigo e disfroitando da cara do Galiñeiro que está no termo municipal.
Para que os/as participantes dosifiquen as súas enerxías, proponse un percorrido curto máis suave (10Km) e outro longo máis agreste (12km)