18/9/14

Previsión de tempo favorable para a fin de semana

Vendo o día de hoxe non invita saír de casa. Por fortuna, na fin de semana arránxase bastante o tempo para que poidamos escomezar a programación de Camiño a Camiño con forza. Na marxe esquerda tendes a previsión de 4gotas, que coincide en parte coa previsión de ElTiempo.es que vos achegamos de seguido:


Descenso en embarcación neumática polo río Miño
Cómpre lembrar que é necesario levar roupa de recambio, toalla e un calzado apropiado para mollalo no río e levalo na embarcación. 
Os participantes nesta actividade iredes en autobús distinto do resto e dividirase a actividade en dous grupos: o primeiro fará o descenso e quedará para un segundo momento o percorrido pola zona; o segundo fara primeiro o percorrido pola zona e logo o descenso na embarcación.

Vista da actividade no entorno das pesquerías.