2/6/14

Fin de tempada con ascenso nocturno ao Galiñeiro

A tempada de Camiño a Camiño de primavera toca ao seu fin. Como noutras edicións a festa de peche celebrarémola no Galiñeiro, o sábado 7 pola noite. A hora de concentración será as 20:30 na Praza do Rei, para sair as 21:00.
Partiremos de Erville, xusto no límite entre os Concellos de Vigo e Mos. O primeiro tramo do percorrido é ascendente,  subiremos ata o miradoiro da Virxe das Neves.  Dende este miradoiro, onde hai unha pequena capela, temos unha extraordinaria panorámica do Val da Louriña, que forma parte da depresión meridiana.  Máis aló temos unha ampla visión das Serras que enmarcan este accidente xeográfico. Podemos ver as serras do extremo norte de Portugal, o Galleiro, e a Serra do Suído, xa na parte Sur da dorsal Galega.
O percorrido continúa cara o Coto Mediodía, monte que rodearemos pola parte Sur e Oeste, para Chegar á base da Loma da Zorra ou Galiñeiro Sur. Subiremos ata o cume de este Monte por unha pista ancha e en bo estado, ondeteremosunhas espectaculares vistas.  Tras coller folgos no cumio do monte baixaremos ata a área recreativa do Chan Doural, ali pararemos e teremos explicación sobre a observación das estrelas. Baixaremos do monte e continuaremos en dirección Este, ata a zona de Vilaverde.  Alí estarán os autobuses agardando por nós. A hora estimada de chegada a praza do Rei será a 1:30 aproximadamente.

É importante ter en conta que polas noites as temperaturas aínda son frescas nesta época do ano, sobre todo si sopla o vento, co que teremos que levar roupa de abrigo suficiente, especialmente para poñer mentres estamos parados. Tamén é moi importante levar unha pequena lanterna, botas e bastón de camiñar.