19/5/14

A Iª Andaina polos montes de Vigo: Unha xornada inolvidable

Sen dúbida o 18 de maio de 2014 foi unha xornada inolvidable. Preto de 1000 persoas fixeron os tres percorridos previstos cunha alegría e cunhas ganas de vivir a fondo os montes de Vigo, que sen dúbida chamou a atención.
A combinación de xente de todas as idades, de experimentados no monte con primeirizos, de familias con participantes a título individual, dos que circulaban a bo ritmo e dos que ían a modo; todo isto fixo que verdadeiramente se celebrase unha verdadeira festa durante o percorrido que atravesaba 11 das 13 comunidades de montes que hai en Vigo.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, realizou todo o percorrido, e a hora do xantar contamos coa presenza do Alcalde, Abel Caballero, que poido comprobar persoalmente o estado de ánimo dos participantes.






A Andaina foi posible gracias ao intenso traballo de membros da Mancomunidade de Montes de Vigo, así como Protección Civil e a Policía Local. As camisetas foron patrocinadas polo Corte Inglés e o avituallamento por Eroski.

No blog da Andaina (pinchar eiqui) pódense contemplar as fotografías da mesma, así como os enlaces ao Faro de Vigo e Atlántico Diario no que se recolle a actividade desenvolvida.