9/5/14

Recomendacións para a visita a Cíes

As Illas Cíes van acoller este domingo a un nutrido grupo de vigueses e viguesas, moitos deles que participan por primeira vez no programa de educación medioambiental do Concello de Vigo. 
Hai que lembrar antes de nada que cómpre levar protección solar xa dende casa e coidarse moito da incidencia do sol e de manterse hidratado todo o día. 
Tamén lembrar que cómpre estar na estación marítima a partir das 9:00 para ter feito o proceso de rexistro antes das 10:00.
Como é habitual farase un percorrido de coñecemento da illa, escomezando pola visita á illa do Faro ao longo da mañá. Nela teremos ocasión de ver dende o faro (ruta longa) e dende o Alto da campá (ruta curta) como son as illas e como foi o proceso de conformación, baseándonos na interesante conferencia realizada polo catedrático Juan Ramón Vidal Romaní o pasado 10 de abril. Pola tarde, de xeito optativo, irase á Illa norte e poderase contemplar algunhas das accións do voluntariado de Camiño a Camiño así como poder contemplar as impresionantes furnas ou cavidades naturais das illas.
Dúas das láminas que se poderán contemplar nos comentarios dos monitores serán: