Percorrido polo sendeiro azul: a pe e en kaiak

Iniciamos o mes de Xuño coas rutas de verán por Vigo.  No primeiro percorrido coñeceremos o Sendeiro azul, que faremos andando e, aqueles que se atrevan, poderán facer o tramo de praias en kaiak.
Esta ruta marcada comeza na Avenida de Madrid, no inicio da senda do Lagares.  A primeira parte da ruta é precisamente esta senda que vai pola ribeira do río Lagares, ten unha lonxitude de 8 kilómetros, ata Samil, onde o sendeiro azul bifúrcase.  Un dos ramais vai ata a praia de Canido. O outro mais longo, que é o que faremos nesta ocasión, remata en Bouzas, na praia do Adro, tras percorrer 4,5 kilómetros.
O sendeiro azul aproveita o corredor verde que é o río Lagares para conectar a parte oeste da cidade coas praias. Foi concibido para dar a coñecer un dos principais valores da nosa cidade, como son as fermosas praias de Vigo.
Algunhas das praias polas que pasaremos (Argazada e o Tombo do Gato) son merecedoras de bandeira azul, distinción que se lles da as praias que destacan pola limpeza e calidade das augas, accesibilidade, seguridade, etc. 


O percorrido en kaiak está previsto para realizar no tramo de costa entre preto da desembocadura do Lagares e Bouzas. Poderán participar todos aqueles que o desexen a partir de 12 anos e que saiban nadar mínimamente. Terán que comunicalo no 010. 
Os participantes nesta actividade, realizaran un tramo reducido do sendeiro a pe e o resto en kaiak a partir de media mañá. Terán que levar bañador e toalla nunha mochila, que a organización recollerá para o momento de realizar a actividade. Tamén é convinte levar crema solar e gorra para o caso de que o sol pique.
Segundo a inscrición, terase que facer grupos que serán acompañados polos respectivos monitores de kaiak. Previamente á acción, farase unha breve sesión de formación para indicar a técnica a empregar, as recomendacións oportunas e como se distribuirán os grupos.



Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Percorrido polo sendeiro azul: a pe e en kaiak
Percorrido polo sendeiro azul: a pe e en kaiak
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgTxUeecaN3mI2OnAJyQwvnJ8F95AkD6IaFZIDAO6MJdoYT-1B136b4uz7EXlJqHIhCObow1P-IfDnsi1Q3xQj20dO6eLTlpXK6VAo0IxH0PSvZ6ERecGiX-3dlb5Kv9tP_1Yvo-mGab7wZ/s1600/Captura.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgTxUeecaN3mI2OnAJyQwvnJ8F95AkD6IaFZIDAO6MJdoYT-1B136b4uz7EXlJqHIhCObow1P-IfDnsi1Q3xQj20dO6eLTlpXK6VAo0IxH0PSvZ6ERecGiX-3dlb5Kv9tP_1Yvo-mGab7wZ/s72-c/Captura.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/05/percorrido-polo-sendeiro-azul-pe-e-en.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/05/percorrido-polo-sendeiro-azul-pe-e-en.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar