29/5/14

Hortas urbanas: novo horario a partir do 3 de xuño

Coa chegada dos días calurosos -agardemos que así sexa- e máis longos, a partir do 3 de xuño cámbiase o horario das hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente:
- Polas mañás: de 9 a 12 horas
- Polas tardes: de 18 a 21 horas.
Ao mesmo tempo, tamén se activa o reforzo de rego que haberá que implantar nos períodos de moito calor.