Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

16/4/14

O voluntariado de Cíes en plena acción

Os participantes na primeira quenda de voluntariado medioambiental de Cíes xa están de volta con moi boas sensacións tanto no tocante ao traballo realizado como o obradoiro de fotografía de natureza desenvolto. 
Mañan xoves arranca o segundo grupo, máis nutrido, de voluntarios e voluntarias. A previsión de tempo é boa ao principio e pode empeorar algo contra o final de semana, polo que é convinte ir preparados para choiva. En todo caso, hai infraestrutura suficiente para cubrirse. 

Algunhas instantáneas dos participantes no obradoiro de fotografía pódense ver no apartado Fotos voluntariado (pinchar aqui), sendo unha mostra as seguintes que aportaron Inés, Silivia, Victoria, Xurxo e Sergio.