31/3/14

Programación semana 31 marzo - 6 abril

A primeira semana de abril semella inestable no climatolóxico e por tal motivo as actividades de hortas e de voluntariado estará condicionada por elo e compre estar atentos ao blog para ver se se suspenden actividades ou non. 
Polo demáis a programación ven cargada de interesantes propostas e entre elas o proceso de inscrición para o voluntariado en Cíes en Semana Santa que se publicará a partir do día 1 de abril

Percorrido medioambiental: Ruta da Auga II (Pazos de Borbén - Os Valos)
O 6 de Abril continuaremos ca segunda etapa da ruta da auga. O punto de inicio para as dúas rutas será Amoedo, onde rematou a primeira etapa. Dende o inicio os dous grupos divídense, para volverse a unir posteriormente, sendo o último tramo común para os dous grupos. O punto de recollida será nos Valos, no Concello de  Redondela.



Voluntariado en Cíes durante Semana Santa
A partir do martes 1 de abril ábrese prazo para a inscrición no voluntariado en Cíes durante a Semana Santa. Están previstos dous grupos: un dende o sábado 12 ata o martes 15 e outro dende o xoves 17 ata o domingo 20. Máis detalles a partir de mañán no blog.