5/3/14

Camiño a Camiño primavera 2014: presentación

A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentará este mércores 5 de marzo en rolda de prensa a programación marzo-xuño de Camiño a Camiño na que se darán a coñecer os percorridos medioambientais, as accións de voluntariado medioambiental, as actividades de hortas urbanas e os cursos previstos.