12/3/14

A tempada de hortas escomeza en Sardomela

Estes días primaverais acompañan o arranque das hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Onte martes principiou a actividade na horta de Sardomela (a carón do Colexio Sello en Cabral). O grupo de participantes iniciou o proceso de elaboración dos bancais e tivo ocasión de disfroitar dun día expléndido de horta.
Esta semana continúa a actividade nas hortas de Fontáns, Navia e Pedro Alvarado., así como o primeiro curso de Hortas en Vigozoo (apuntarse en 010 ata o xoves) o vindeiro sábado.