14/10/13

Previsións para a semana 14-20 outubro

A semana que entra preséntase con elevada inestabilidade climatolóxica e, por tanto, os plans de actividade de hortas urbanas e de voluntariado irán modificándose a medida que vexamos como evoluciona.

Percorridos medioambientais (Domingo): GR53 3ª etapa (P.F.Beade - Monte Alba)
Na terceira etapa de Gr-53, sendeiro panorámico de Vigo, partiremos do Parque Forestal de Beade.  Dende o inicio os dous grupos farán percorridos distintos, polo que convén escoller o camiño en función das características do mesmo.
O grupo que fai o percorrido máis curto seguirá o trazado normal do GR53.  Esta ruta baixa ata o encoro de Zamáns, pasa polos muíños das Maquías e  continua pola ribeira do río Zamáns.  Chegamos A Fraga, onde deixamos o río e nos metemos xa en Vincios (Gondomar).  Tras cruzar a estrada AG-57 voltamos cara a Pasaxe onde nos recollerán os autobuses.

O percorrido da ruta longa é distinto na meirante parte do mesmo.  Saímos do Parque Forestal en dirección ó Cuvi, subimos ata a Pedra Cabalaria, onde collemos a variante do Sendeiro panorámico de Vigo GR-53.2.  Esta variante lévamos á Serra do Galiñeiro por Erville.  Tras facer un percorrido pola Serra baixamos ata A Fraga, onde os dous trazados se unen.  O punto de recollida é o mesmo que o da ruta curta.