Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

4/10/13

Escomenzamos os percorridos do GR-53: Vigozoo-Lagoa Mol

Comenzamos a tempada de outono do programa Camiño a camiño con todo un clásico, a senda panorámica de Vigo (Gr-53).  Como ven sendo habitual nas derradeiras edicións do Camiño a camiño, completaremos a senda en catro etapas. 
Teremos tamén oportunidade de escoller entre dous percorridos de lonxitude e dificultade diferentes.  Haberá unha variante longa (vermello), que se separará do trazado do GR en diferentes puntos, ideal  para os que teñan ganas de camiñar.  A outra opción e un trazado máis curto (azul) e de menor dificultade, seguindo as marcas do GR.  para os que prefiran ir máis de vagar, especialmente indicado para os máis pequenos.
A primeira etapa terá a súa saída en Vigozoo, no monte da Madroa, dende alí comenzaremos a ascensión ata o parque forestal do Vixiador.   Dende o Vixiador percorreremos nunha zona alta e bastante chaira, na que sobresaen pequenos cotos como os da Formiga, Barolo, Rachán, Ferreira ou o Coto Rapado, que sobresaen entre zonas chairas como o Chan de Unberto e o Chan de Loureiro.  Nesta zona atopamos o nacemento do río Fondón.  O monte Penide é a cota máis alta da zona cos seus 448 metros. 
O percorrido da variante longa levarános ata o Castro de Negros, na parroquia de San Esteban de Negros, dende onde teremos unhas boas vistas do concello veciño de Redondela. 

Na parte final do roteiro pasaremos polo Parque Forestal de Bandeira e remataremos en Peinador, moi preto da Lagoa Mol, onde nace o río Lagares. Ver documento.