11/10/13

Actividade da fin de semana 11-13 outubro

Para a ponte do Pilar está previsto adiantar actividade do voluntariado para o venres e realizar a segunda etapa do GR53 (sendeiro panorámico de Vigo). A previsión do tempo é favorable e, por tanto, teremos que aproveitar os últimos coletazos do verán.

Percorrido medioambiental: 2ª etapa do GR-53 Parque forestal Cotogrande - Parque forestal Beade


Na segunda etapa do GR-53 iremos dende a zona de Peinador ata o Parque Forestal de Beade.  É un traxecto bastante lineal e sen grandes desniveis.  O punto de inicio, tanto para a ruta longa como para a curta, será o punto de recollida do anterior percorrido, na avenida do Aeroporto. Comezamos a camiñar pola beira dun pequeno regato que nace na lagoa Mol, e que se convertirá no meirande río do Concello, o río Lagares. 
O percorrido máis curto vai seguindo as marcas do GR-53, sendeiro panorámico de Vigo, o igual que o percorrido longo a meirande parte do tempo, pero na parte final, o grupo da ruta longa fará un circuito polos terreos do campus universitario de Vigo.  Alí visitaremos algunha das plantacións con árbores autóctonos e as lagoas que se fixeron nos terreos do Campus, e que converten ó Cuvi nunha zona moi interesante e con unha gran biodiversidade. 
Neste percorrido poderemos coñecer 3 Parques Forestais, Cotogrande, Bembrive e Beade, así como as zonas forestais de A Pedriña e do Cuvi. 
O percorrido pasa polas parroquias de Cabral, Bembrive e Beade en Vigo.  Discorre polo límite do Concello de Vigo e de Mos, no que nos metemos en algún tramo, concretamente na parroquia de Tameiga. Para ver o documento pinchar aqui ou ver documentación



Voluntariado medioambiental

O voluntariado de hortas, dado que o sábado é festivo e a vindeira semana prevense fortes choivas, proseguirá este venres pola tarde coa preparación da nova horta de Ramón Nieto. Ademáis en Vigozoo realizaranse preparativos do invernadoiro.
O voluntariado de sendeiros fará unha dia extra de actividade para rematar de remarcar o segundo tramo do GR-53 que se transitará este vindeiro domingo.