11/6/13

Ultimas prazas para Ancares nesta fin de semana

Ámpliase o prazo de inscrición para o percorrido pola Serra de Ancares. As preinscricións no 010 pódense facer ata o mércores ao mediodía, tendo que pasar por Casa da Xuventude a facer a inscrición definitiva.
O mércores as 19:00 terá lugara a habitual charla orientativa en Vigozoo, onde se explicarán detalles da actividade e equipación recomendable.
Lembrade que as rutas que se realicen serán de intensidade media, xa que participarán menores.
Ábrese a posibilidade de que toda persoa que queira repetir a experiencia o poida facer.