4/6/13

O sábado 8, novo percorrido nocturno pola costa

Despois dunha experiencia moi gratificante no percorrido nocturno polo Galiñeiro (ver fotos xa colgadas), este sábado (convocatoria na Praza do Rei as 20:30, para saír as 21:00) teremos ocasión de facer outra andaina pola costa, entre Canido e Alcabre. Celebraremos o Día Mundial dos Océanos e, ao rematar, agardamos ter un ceo despexado que nos permita gozar do ambente nocturno.