1/6/13

Bota a andar a 1ª fase da horta-escola de Navia

Este venres 31 de maio botou a andar a horta-escola de Navia. Nesta primeira fase foron convocados aos alumnos dos primeiros cursos de outono, ata completar os preto de 50 bancais habilitados. Ao resto de solicitantes iráselles chamando a medida que se vaian pechando as seguintes fases de construción da horta.
Para o acto de inauguración, un dos rapaces presentes fixo a primeira plantación. 
Agora, xa con horario de verán, estará aberta os martes de 18-21h, os xoves de 9-12h e os sábados de 9-12h.