16/6/13

A tempada de percorridos finaliza con broche de ouro

Tanto o percorrido Aloia-Galiñeiro como a terceira quenda de Ancares discorreron cunhas condicións óptimas (choveu pero xa estabamos no autobús), deixando un sabor de boca moi agradable. 
Finalizan así os percorridos desta tempada que permitiron a centos de vigueses e viguesas coñecer un pouco mellor o entorno no que habitan e, como sempre dicimos, con ganas así de conservalo mellor. Vémonos na seguinte tempada.