23/5/13

Previsión fin de semana 24-26 maio

Finaliza o mes de maio e as previsións son moi atractivas, tanto no tocante a climatoloxía como a actividade -percorrido por Corrubedo, voluntariado nos areais e en Cíes e labor intensa nas hortas-escola-.

Previsión climatolóxica (meteogalicia)

Percorridos medioambientais
O último percorrido relacionado co sistema dunar ten lugar no Parque Natural de Corrubedo e nas lagoas de Carregal e Vixán, que están situado ó sudoeste da península do Barbanza, entre as rías de Arousa e Muros e Noia. 
Este espazo foi declarado Parque Natural o 5 de Xuño de 1992, polos seus valores ecolóxicos e xeomorfolóxicos.  O Parque ten numerosos hábitats considerados prioritarios para a conservación pola directiva hábitats: os cantís mariños con vexetación das costas atlánticas, matos secos europeos, matos húmidos atlánticos, herbeiras húmidas de herbas altas, vexetación dunar de dunas fixas e móbiles, etc. (ver documento)





Voluntariado Camiño a Camiño.
Este sábado ten lugar o segundo dos dous cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental programados para maio. Terá lugar en Vigozoo e abordaranse contidos básicos de voluntariado e de voluntariado medioambiental. Tamén  se comentarán as accións que ten previsto a Concellería de Medio Ambiente ata o mes de setembro.
Por outra banda, partirá o último grupo de voluntarios e voluntarias para Cíes da tempada de primavera para proseguir coas labouras de seguemento do coello e do lagarto arnal.
Por último, continúase coa actividade prevista nos areais de Tombo do Gato tanto o venres pola tarde como o sábado pola mañá.

Avistamento de coello en Cíes (enviada por Uxía)

Hortas-escola
Continúase coa actividade tanto en Fontáns como en Pedro Alvarado, aproveitando o bo tempo previsto