Previsión fin de semana 17-19 de maio

Temos diante unha fin de semana con moita inestabilidade, o que vai obrigar a facer axustes na programación prevista: supresión de voluntariado e de hortas o sábado e, no caso de que persista a choiva, reducción a só pola mañá o percorrido polo sistema dunar de Cangas.

Previsións climatolóxicas (meteogalicia)


Percorridos medioambientais
Nesta fin de semana trasladámonos a Cangas para coñecer de preto un sistema dunar moi semellante ao que había en Samil nos anos 60-70. Circularemos polo Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Costa da Vela e polas dunas e trasdunas de Barra e Nerga  (ver documento). Segundo como acompañe o tempo faremos a ruta de día completo (como esta previsto e cun custe de 6 euros) e se o tempo non acompaña reducirémola a só pola mañá (neste caso o custe sería de 3 euros como noutras ocasións).

Zona de dunas fixas e de trasduna

Voluntariado Camiño a Camiño.
Este sábado ten lugar o primeiro dos dous cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental programados para maio. Terá lugar en Vigozoo e como sempre abordaranse contidos básicos de voluntariado e de voluntariado medioambiental. Tamén  se comentarán as accións que ten previsto a Concellería de Medio Ambiente ata o mes de setembro.
Por outra banda, 9 voluntarios e voluntarias asistirán a Cíes para proseguir coas labouras de seguemento do coello e do lagarto arnal.
Por último, suspéndese a actividade prevista para o sábado pola mañá nos areais dada a previsión de tempo.

Hortas-escola
Á vista do tempo pasado por auga que se anuncia para o sábado, óptase por suspender a activdidade tanto en Fontáns como en Pedro Alvarado.







Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Previsión fin de semana 17-19 de maio
Previsión fin de semana 17-19 de maio
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhEgkFKsC4LUKw8dFMirTj2DnOd_gjQqK68eVWNaDjOh2RuKmjSk9T3z9gwAkGIBqguupPv4cM_0hBmUndH6dOq1fttrkWAG0r-dvKO9HXLcDMkWfEFyX1mmeMNxZ_4r2fdDSF63GEr50NK/s1600/Captura.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhEgkFKsC4LUKw8dFMirTj2DnOd_gjQqK68eVWNaDjOh2RuKmjSk9T3z9gwAkGIBqguupPv4cM_0hBmUndH6dOq1fttrkWAG0r-dvKO9HXLcDMkWfEFyX1mmeMNxZ_4r2fdDSF63GEr50NK/s72-c/Captura.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/05/prevision-fin-de-semana-17-19-de-maio.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/05/prevision-fin-de-semana-17-19-de-maio.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar