14/5/13

O sistema dunar de Cangas o vindeiro domingo

Despois de percorrer os sistemas dunares de Vigo e Cíes, o terceiro previsto é o de Cangas. 

Comenzamos o percorrido na aldea de Donón, situada o pé do monte Facho, ca costa da Vela ós seus pés.  Na primeira parte do percorrido teremos unhas fermosas vistas da ría de Vigo dende a parte Sur. Despois baixaremos ata o nivel do mar para facer un percorrido polo sistema dunar de Barra e Nerga.  Comenzando na Praia iremos alonxándonos de ela para ver como cambia a vexetación, ata chegar á zona de trasduna, pola que continuaremos ata a praia de Nerga.  Aquí pararemos para xantar e repoñer forzas.
Pola tarde reanudaremos ó camiño, seguindo a costa continuamos cara o interior da ría e atravesaremos fermosos tramos de costa e praias como a dos Castros, a de Temperáns, A Area das moscas ou a praia de Liméns.  Remataremos na praia de Areamilla, xa moi preto de Cangas.