29/5/13

Convocatoria de acción aberta nos areais da Fonte (sábado 1 xuño)

Como xa se leva informando nas accións de voluntariado deste mes e nos últimos percorridos medioambientais, está prevista unha "Acción colectiva de voluntariado nos areais" aberta para todos os públicos a realizar este sábado 1 de xuño. Deste xeito, dende a Concellería de Medio Ambiente preténdese iniciar unha semana de actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 xuño).

Programa da acción:
Data e hora: sábado 1 de xuño, a partir das 9:00 e ata as 13:00 
Lugar: Praia da Fonte (xunto á zona de servizos públicos)
Destinatarios: Cidadáns e cidadás interesados en participar. Voluntariado de Camiño a Camiño (computa 4 horas de voluntariado)
Actividades: Erradicación de plantas invasoras no entorno das praias da Fonte e de Samil. Limpeza nos entornos dos areais. Exposición de accións de voluntariado
Previsión de tempo: sol e con temperaturas en aumento.