8/4/13

Próximo percorrido medioambiental: Miñor II

Despois dun bonito percorrido polo bosque de ribeira, o vindeiro domingo 14 toca a segunda parte do río Miñor. 
Comprobarase como remata o río e conforma un LIC (Lugar de interse comunitario) da rede Natura 2000: a Foz do Miñor (esteiro da Ramallosa). Tamén se observará o entorno do val que conforma e os montes que o circundan (Galiñeiro, Aloia e Serra da Groba).