7/4/13

Expléndida fin de semana nas hortas e demáis actividades

Xa se botaba de menos unha fin de semana de sol e actividade plena. Chegou e a verdade é que cumpriuse a expectativa sobradamente.

Hortas urbanas: primeira colleita en Fontáns e avances en Pedro Alvarado
Coa presenza do Alcalde e da Concelleira de Medio Ambiente, tivo lugar a primeira recollida de froito na horta de Fontáns. Foron os alumnos/as que escomenzaron a finais do ano pasado e certamente foi froitífero o traballo e as aprendizaxes realizadas. A reportaxe fotográfica (pinchar aquí) e o dossier de prensa (pinchar aqui) amosan o dito.




O sol tamén axudou a avanzar nos traballos de montaxe comunitaria da horta de Pedro Alvarado, que por mor das intensas choivas estivo parado dende antes de semana santa. Xa vai collendo forma e esta era a imaxe do sábado pola tarde.



Percorrido medioambiental polo río Zamáns e o río Miñor
A mañá do domingo iniciouse baixo a choiva para progresivamente mellorar e poder disfroitar dun percorrido de bosque de ribeira prezoso (ver reportaxe).


Voluntariado Camiño a Camiño
Tres accións tiveron lugar esta fin de semana: no río Lagares o venres pola tarde, na praia do Tombo do Gato o sábado pola mañá e en Cíes durante toda a fin de semana. Bo traballo de erradicación de invasoras e mellor ambente grupal.