16/4/13

Enfunda este domingo na ruta a camiseta "Galiñeiro espazo natural protexido"

O percorrido medioambiental deste domingo 21 transcorre polo Galiñeiro, na busca do río Louro. Ademáis, casualmente, coincide cos actos da Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro. 
Por tal motivo, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo quérese unir a estes actos de solicitude da máxima protección medioambiental para a Serra do Galiñeiro e para tal fin ten previsto que parte do percorrido Louro I (12,9 km) pase polos lugares onde está previsto que se coloquen os xeradores eólicos e se dea a coñecer en que consisten as prospeccións mineiras de terras raras. Tamén abordará os contidos previstos da conca fluvial que cae ao río Louro.



Ademais, convida a todos os participantes de Camiño a Camiño a que enfunden a camiseta "Galiñeiro, espazo natural protexido", que se entregará como agasallo aos asistentes ao percorrido. Resulta imprescindible apuntarse no 010 ata o xoves 18 para poder organizar o dispositivo de autobuses.