Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

25/3/13

Suspensión da programación de semana santa

Á vista da previsión climatolóxica para Semana Santa, a Concellería de Medio Ambiente decide suspender a programación. As actividades que se ven afectadas son a 2ª quenda de voluntariado en Illas Cies e as actividades de hortas urbanas.

Previsión de Meteogalicia:

"Galicia continuará baixo a influencia das borrascas atlánticas neste período, de xeito que a probabilidade de chuvia seguirá a ser alta, aínda que en moitos momentos a chuvia será de tipo intermitente. Os ventos soprarán do cuadrante suroeste, polo que as cantidades de chuvia serán algo máis altas en xeral na provincia de Pontevedra e máis escasas na de Lugo. As temperaturas serán suaves en xeral"