Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

7/3/13

Previsión fin de semana 9-10 marzo

Despois duns fins de semana moi agradecidos, toca un con mala perspectiva climatolóxica. Por tal motivo vanse manter os cursos de voluntariado e de hortas en Vigozoo o sábado e o percorrido polo río Barxa o domingo, pero suspéndense as actividades de voluntariado no Lagares e en Cíes e a actividade de horta en Fontáns.

Previsión climatolóxica (meteogalicia)


Percorridos medioambientais
Este domingo vaise percorrer o río Barxa, mellizo do río Eifonso, anque con características e evolución no tempo moi diferenciada. A pesar de estar moi sometido á presión urbanizadora, mantén algúns recantos con particular beleza (ver documento). Tamén é tributario do Lagares, aportandolle un destacado caudal. 

Conformación do río Barxa a parter de tres regos no entorno de Beade e Valadares


Cursos en Vigozoo
Prosiguen os cursos de marzo en Vigozoo, tanto o Curso básico de hortas urbanas como o Curso de Iniciación ao voluntariado medioambiental. Está prevista a asistencia de preto de 100 persoas. Agardemos que o tempo acompañe algo.