24/3/13

A climatoloxía volta a condicionar a fin de semana

Claramente nas últimas fins de semana é a climatoloxía a gran protagonista, permitindo únicamente realizar os cursos e os percorridos medioambientais entre chubascos (ver fotografías pinchando aqui). 
Lembrar que hoxe remataban os percorridos pola conca fluvial de Vigo e, no vindeiro mes, engancharemos coas concas procedentes do Galiñeiro: primeiro o río Miñor (continuación do Zamáns) en dúas etapas e logo co río Louro en outras dúas etapas.

Río Zamáns con gran caudal


Encoro de Zamáns aliviando


A primeira quenda de voluntariado de Cíes tivo que suspenderse (de feito suspendéronse os barcos a Cíes), brindando a oportunidade dos inscritos poderse incorpar na segunda quenda. Agora a incógnita a despexar este martes 26 é se a previsión o vai permitir. A día de hoxe non pinta nada ben: seguiremos informando.
Tamén a actividade nas hortas do sábado se suspendeu. En todo caso, como recoñecemento ás hortelanas que fixeron presenza en Fontáns, dicir que, aproveitando os ratos de sol, estaban alí presentes. O problema é que a terra está moi apelmazada e en Pedro Alvarado moi encharcado. Agardemos que a primavera dea tregua.