Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

21/2/13

Previsión fin de semana 23-24 febreiro

Esta segunda fin de semana de programación de Camiño a Camiño presentase con moi boas espectivas climatolóxicas e de actividades.

Previsión climatolóxica (meteogalicia)



 
Voluntariado Camiño a Camiño
a) Voluntariado no Lagares. De 10 a 13 horas continúase coas actividades habituais no río Lagares. Quedase na explanada de coches enfrente ao Colexio Balaidos (ver punto de encontro en solapa "Voluntariado CaC"). 
b) Voluntariado en Cíes. Tal e como se indicou neste mesmo blog, para marzo actívase unha programación de voluntariado durante tres semanas en Cíes (ver nova). Para organizarse está previsto unha xuntanza o sábado 23, as 12:00, en Vigozoo.

 
Percorridos medioambientais
Iniciarase a camiñada na Avenida de Madrid e circularase polo sendeiro á beira do río, pasando por Castrelos, as zonas húmidas de Goberna e Muiños e a Xunqueira do Lagares. Este percorrido clásico de Camiño a Camiño rematará na praia da Calzoa. Entre os contidos a abordar (ver documento) está previsto falar do ciclo da auga en Vigo e da modificación do curso do Lagares nas últimas décadas (ver imaxes a continuación), así como da riqueza da flora e da fauna das zonas húmidas que se van atravesar.




Horta urbana de Fontáns
Este sábado 23, en horario de 10 a 13, está previsto, aparte de realizar as labouras de mantemento habitual, traballar coa sementeira nos miniinvernadoiros.