18/2/13

Lagares en estado puro: percorrido polo curso alto

Cun día chuvioso tivemos a ocasión de camiñar polo curso alto do río Lagares, iniciando así os percorridos medioambientais de Camiño a Camiño (Concellería de Medio Ambiente de Vigo). A maioría dos case 250 participantes era a primeira que se achegaban a estes espazos do Concello.


Entre auga do ambente e a auga do río poidemos comprobar a beleza da columna vertebral da rede fluvial de Vigo. Sen dúbida manifestouse en estado puro, con momentos de autentico goce visual e auditivo (recóllese parcialmente na presentación da columna dereita, en google+ e, de xeito permanente, na sección fotos)



Coas achegas dos monitores poidemos comprobar como a flora, en moitos dos espazos visitados (Lagoa Mol, zona de Cabral ou Barreiro) é auténtica flora de zonas húmidas. Tamén poidemos comprobar os contrastes entre o Vigo rural e o Vigo urbano e como a medida que nos imos achegando 



Como en edicións anteriores, xunto coas rutas abrimos a posibilidade de que os participantes nos percorridos medioambientais compartan as súas fotos (sempre unha selección) a través da sección Safari fotográfico. Antinez, como de costume, deleitanos cunha achega como a seguinte.